Seguimos avanzando no noso proxecto KA104 Erasmus+ Observamos: Inclusión contra o abandono coa segunda mobilidade de observación job shadowing no marco do proxecto.
Nesta ocasión, o país de acollida é Bélxica. Catro docentes do noso centro viaxaron do luns 29 de novembro ao venres 3 de decembro, a Bruselas, a observar aulas e xestión da institución EPFC - Enseignement de Promotion et de Formation Continue.
Desenvolveron a súa labor de observación durante cinco intensas xornadas, nas que puideron observar metodoloxía innovadora en aulas de inglés e italiano, así como aprender novas estratexias de xestión administrativa, directiva e de internacionalización da institución de acollida.
No programa de formación se incluían ademais a observación da realización de test en liña na plataforma Moodle da institución, así como unha charla sobre as posibilidades de interacción na plataforma EPALE, no marco do obxectivo da internacionalización do centro
Todas estas aprendizaxes trasladaranas á súa volta en diversas accións de impacto no centro, nun plan de difusión que será compartido e visibilizado de cara á totalidade do claustro e que agardamos teña repercusión e incida directamente na loita contra o abandono de parte do noso alumnado.
Queremos desde aquí tamén dar as grazas ao EPFC pola súa disposición e acollida nesta segunda mobilidade.
Seguídenos lendo para máis novidades.