luns, 13 de xaneiro de 2020

Difusión da primeira mobilidade (IV): Eixo de acción - Alumnado

Eixo de acción: Alumnado, por parte da docente Carolina Pérez, secretaria do centro e profesora do departamento de inglés.
Prema aquí para descargar a presentación.

Difusión da primeira mobilidade (III): Eixo de acción - Equipo humano

Eixo de acción: Equipo humano (profesorado, persoal non docente), por parte da docente Marta Gago, xefa do departamento de inglés.

  • Fomentar e facilitar a cooperación entre profesorado 
    • Sala de profesorado e outros espazos comúns 
    • Sesións Abertas na EOIVGA (compartir ferramentas, técnicas, metodoloxías, convivencia, ferramentas socio-afectivas...) 
    • Actividades de natureza máis espontánea. 
  • Departamentos (intra segundo necesidades / inter entre departamentos) 
No que atinxe á liña de actuación centrada no profesorado e no persoal non docente, as principais actuacións centraranse, por un lado, en fomentar e facilitar a cooperación entre o profesorado a nivel escola, e, por outro, en lograr unha maior cooperación intra e inter departamental. 

En primeiro lugar, prevese levar a cabo a dinamización dos espazos comúns onde poidan xurdir oportunidades de colaboración, tales como a sala de profesorado e outros espazos comúns que se comezarán a habilitar proximamente. Para tal fin, habilitouse unha urna na sala de profesorado para que o claustro contribúa con ideas sobre como mellorala.

Nesta liña, se iniciou a organización das Sesións Abertas na EOIVGA, reunións de natureza espontánea e informal do profesorado, para dar solución a demandas diversas que poida ter o claustro. Estas sesións organizaranse mediante un cartaz na sala de profesores onde figurará quen ofrece unha sesión, o tema, quen demanda ou lle gustaría que houbera unha sesión nalgún tema concreto, e cando. As temáticas non son fixas, senón que responden ás demandas do propio claustro - compartir ferramentas, habilidades ou trucos tecnolóxicos, uso dos recursos do centro (impresoras, Word, Excel, grabadoras das probas, copiadoras, SuperSaas…), metodoloxías, asuntos de convivencia, ferramentas socio-afectivas na aula, entre outros. A primeira Sesión Aberta tivo lugar o 11 de decembro e versou sobre a actualización dos usos básicos de Audacity para a montaxe dos audios das probas. Asistiron 6 persoas que quedaron moi satisfeitas coa iniciativa, da que xurdiron ideas de posibles próximas sesións. As sesións publicitaranse entre o profesorado mediante unha plantilla de Canva que o Equipo Directivo compartirá proximamente ó claustro. 

En segundo lugar, no que atinxe ás actuacións departamentais, considérase fundamental lograr unha eficaz formación en cascada para que se inicien dinámicas que fomenten a cooperación entre o persoal dos departamentos. Nesta liña, a próxima reunión de difusión terá lugar o mércores 18 de decembro, onde os asistentes á primeira mobilidade Erasmus+ compartirán ás conclusións obtidas nas observacións de aula levadas a cabo durante a estadía.

Entre os indicadores de éxito desta liña de actuación centrada no profesorado a nivel departamental poderíanse incluír as accións que se comecen a levar a cabo para compartir recursos e metodoloxías. Exemplifica esta dinámica a iniciativa realizada na reunión ordinaria do departamento de inglés de compartir nos últimos 10-15 minutos das reunións exemplos de boas prácticas na aula. Catro de doce compañeiros de diferentes niveis presentáronse inmediatamente voluntarios para falarnos de boas experiencias na próxima reunión de xaneiro, co cal se pode concluír que iniciativas desde estilo teñen una acollida moi positiva e facilitan as oportunidades de cooperación e formación entre iguais.

Difusión da primeira mobilidade (II): Eixos de acción

O profesorado participante na primeira mobilidade preparou unha presentación (in)formativa para o claustro de profesorado entorno aos seguintes eixos de acción:

Institucional (nivel escola)

  • Reforzar a imaxe institucional (DAFO vs optimización dos recursos) 
  • Difusión da imaxe institucional (redes sociais, campañas, planificación) 
  • Márketing/branding (testemuños, sitio web, logotipos) 
  • Integración nas redes institucionais locais, rexionais (convenios) 
  • Creación de vínculos co Concello e as organizacións e tenido empresarial

Equipo humano (profesorado, persoal non docente)
  • Fomentar e facilitar a cooperación entre profesorado 
    • Sala de profesorado e outros espazos comúns 
    • Sesións Abertas na EOIVGA (compartir ferramentas, técnicas, metodoloxías, convivencia, ferramentas socio-afectivas...) 
    • Actividades de natureza máis espontánea. 
  • Departamentos (intra segundo necesidades / inter entre departamentos) 
Alumnado
  • Xunta de alumnado 
    • facilitar oportunidades de reunión 
    • establecer rutinas de funcionamento e sinerxias 
    • formar segundo necesidades 
    • recabar información e achegas de mellora
  • Equipa de mediación integrado 
  • Fomentar a cohesión dos grupos ó inicio de curso 
  • Posta en valor das iniciativas extra-curriculares